A cota de cogomelos en Galicia, a vida entre cogomelos

A raíz da entrada anterior de que facer co excedente de cogomelos despois das marabillosas técnicas de recolección das que falamos fai unhas semanas, atopei lendo no progreso un artigo sobre o novo Decreto de Aproveitamentos Forestais n0 xornal El Progreso.

Nel, os recolectores queixábanse da inutilidade da medida que regula a explotación dos cogomelos e delimita a recolleita en función do estadio de explotación para o que vaian a ser utilizados. Regúlanse 4 tipos de aproveitamentos forestais: aproveitamentos madeirables, aproveitamento de pastos, aproveitamento de cortiza de sobreiras e aproveitamento de cogomelos.

A continuación reproducimos un fragmento da nota de prensa onde se explicita:

Aproveitamentos madeirables
No tocante aos aproveitamentos madeirables, Feijóo explicou que os que se destinen a uso doméstico, en ningún caso, poderán superar os 10 metros cúbicos/anuais por persoa propietaria e enténdense que non poden ser obxecto de comercialización, polo que tan só precisarían de comunicación á Administración forestal. O límite para as comunidades de montes establécese en 150 metros cúbicos anuais.

Unha vez executado un aproveitamento de madeira, en casos de corta, o dono do monte deberá desenvolver as actuacións necesarias para a rexeneración da superficie afectada nun período de tempo non superior a dous anos. As cortas de obrigada execución (preventivas), de acordo coa normativa sobre incendios forestais, só precisarán dunha comunicación previa.

No caso da madeira queimada, a Xunta poderá requirir ao titular do aproveitamento, cando o considere oportuno, que inicie a extracción nun prazo máximo de seis meses da madeira queimada no monte, previo informe do servizo competente en materia de incendios forestais; e naqueles casos nos que, para unha axeitada restauración dos danos causados nos montes ou por razóns de sanidade vexetal, política forestal ou seguridade, deba ser extraída a madeira queimada.

Cómpre salientar que, con este decreto, Galicia se converte na primeira comunidade en desenvolver o regulamento comunitario de dilixencia debida que afecta aos operadores que comercializan madeira e produtos derivados da madeira ao tratarse dun sistema de certificación da madeira que avala a súa orixe ea súa legalidade na corta.

Aproveitamento de pastos
En relación ao aproveitamento de pastos polo gando en montes e terreos forestais, Feijóo destacou que o dereito de pastoreo corresponde ao dono do monte, que poderá autorizalo ou prohibilo.

Con carácter xeral, prohíbese o pastoreo en todos os montes e terreos forestais afectados por incendios forestais, nun prazo de dous anos desde o incendio. No caso de que o terreo estivera arborado, non poderá haber aproveitamento de pastos ata que as adecuadas condicións de restauración da masa arborada, se é o caso, o permitan. En casos excepcionais, con condicións, poderá autorizarse o aproveitamento de pastos antes de dito prazo e sempre que concorran: perdas de difícil ou imposible reparación ou inexistencia de alternativas ao pastoreo nas áreas afectadas.

Aproveitamento de cortiza e de cogomelos, regulados por primeira vez
En terceiro lugar, e sobre o aproveitamento de cortiza de sobreiras, o titular da Xunta explicou que naqueles montes que conten cun instrumento de ordenación ou de xestión aprobado pola Administración forestal, requirirán unicamente notificación previa. E se non teñen instrumento de ordenación, requirirán solicitude de autorización.

Os recolectores din que a medida é absurda, e o que se debe facer é controlar a mala praxe xeneralizada que está a acabar cun produto tan especial como é o cogomelo. Que a producción non depende da intensidade de recolección senón das condicións climáticas e o estado dos montes -que non estean contaminados, por suposto.

Deja un comentario