Saturnino Lozano, a vida entre cogomelos


Saturnino Lozano bCep_in_basket_2006_G01en podería ter dado leccións maxistrais de fungos na facultade de bioloxía da Universidade de Santiago, chegou a coñecelos millor que moitos científicos nos vinte anos que compartiu con eles. Pero Saturnino do Pacio, nome que ostentaba co
mesmo orgullo que o título de doutor, fixo algo aínda máis grande, alimentou á súa familia.

Este albanel da Terra Chá viuse obrigado a abandonar a súa profesión, era alérxico ao cemento. Os nosos avós son supervivintes, e isto non ía amedrentar ao lucense que fixo de tripas corazón e púxose detrás da barra do ultramarinos que rexentaba a súa muller. De cando en vez botábase ao monte en busca de cogomelos para sacar un pequeno xornal, naquela época
, coma nesta, todo axudaba.

Pero un día chegou a Vilalba a fábrica de conserva Champivil, da man da familia Castelo, e o negocio floreceu. Saturnino subiuse na súa furgoneta e comezou a facer ruta por Abadín e Cospeito na procurade cogomelos que compraba para despois vender na fábrica.

“Meu abuelo era dunha estatura normal, pero a boina que levaba facíao máis alto” díxome a súa neta, Lara Lozano, cando lle preguntei como era Saturnino. “Tiña os ollos azuis pero nun deles unha mancha marrón que lle facía o iris como se o tivera verde” contoume, para seguir con un “o que máis personalidade lle daba era a cachimba, que co paso dos anos cambiou por unha pipa”. E coa pipa en boca percorría os camiños da Terra Chá para alimentar a súa familia, mercando cogomelos.IMG-20140408-WA0012

O dos cogomelos é  un modo de vida, o que comezou como un sobresoldo converteuse nun traballo a xornada completa. “Cando chegaba a época das setas marchaba á tardiña e non volvía ata a noite recorrendo as casas”, Saturnino era o intermediario entre a fábrica de Castelo e os veciños.

Lara di que dende ben pequeniñas lles meteu a idea na cabeza e estaban ansiosas “agardando que chegara a época das setas para ir comprar”, suspira un momento para recordar “o olor da furgoneta chea de setas é inolvidable”. Ten moi bos recordos daquelas tardes, “como éramo-los dous sos neses viaxes, hai pila de anécdotas e, sobre todo, foi cando mais consellos recibín. De feito son os momentos que mellor recordo co abuelo”.

Logo da recollida ían a Vilalba, a vendelas “a malla ía sobre 1 euro o kg e, a boa, o boletus, sobre 5 euros”. Pero ás veces había perdas, sobre todo cando había moita cantidade –a lei da oferta e a demanda tamén aplicaba na Terra Chá dos anos noventa. “Ata que chegábamos alí non sabías a como cha pagaban o kg porque dependía da cantidade que levaras e do que recolleran. Nalgunhas ocasións eramos nós as que facían que lle pagasen máis o kg de seta”, Lara acomódase no sofá para continuar, “eu acórdome que cruzaba os dedos ata máis non poder para que lla pagaran ben, e mira que daquela era pequeña, pero se vía moita seta en palés xa estaba nerviosa porque igual o abuelo non sacaba moito beneficio”.

Deja un comentario